CAST / GAL

Lilián
Amparo VazBel, 54, Lugo

"—Pasa ata a cociña, ao final do corredor" —dixo dona Ánxela dende dentro.
Normalmente recibíame na porta, mais desta volta deixouma entreaberta.
No meu traxecto co encargo da compra descubrín nas paredes fotos en branco e negro coidadosamente enmarcadas. Nelas, unha fermosa rapaza cun peiteado de ondas recollido nun rolo baixo, maquillada como unha estrela de Hollywood e cun sorriso entre inocente e sensual.
Na cociña, dona Ánxela estaba a remexer na carteira para pagar.
"—A rapaza das fotos...?" —empecei a pregunta.
"—Si, rapaz. Son eu cando era cupletista e todos me chamaban Lilián..."
Compartir: