CAST / GAL

O que no ceo non saben
Lucía, 24, Irixoa

Aínda que partía da terra, dende había anos soñaba con tocar o ceo. Tanto ela como quen a rodeaba foran colocando, con grande esforzo, os chanzos precisos para acadar as nubes. Porén, tras anos de letras, números, trens e entrevistas, non recibía máis ca precariedade na caixa do correo. Sentía que as oportunidades ás que se postulaba esmorecían entre tantas candidaturas igualmente competentes. Aínda así, o que no ceo non sabían é que na terra se cultivan os mellores froitos.
Compartir: