CAST / GAL

Insomne
Chus, 50, Viveiro

Devecía soñar ese soño máxico antes de espertar e vivir a crúa realidade. Pero non... tocaba espertar sen soñar, mellor dito, non durmir. Somerxíase no nocturno dos grilos, no voo temperán das gaivotas da primeira hora da mañá, no pesadelo da veciña entre berros... e precisaba soñar envolta entre as tebras da pouca noite que quedaba, envolvendo o corpo nu entre os lenzos nocturnos do caloroso verán.

O pesadelo do día anterior loitaba co soño máxico e parecía que o último gañaba a batalla. O bule-bule do espertador rachou coa ilusión. Agardaría ata a seguinte noite, insomne.
Compartir: