CAST / GAL

Soñámonos
Idavinha, 36, A Coruña

Foi un soño o que vivimos. Fermosas ataduras nun camiño que se nos foi dando. E nesa onírica e marabillosa noite que durou unha década, dotámonos do amor preciso para escapar dos pesadelos da vida cotiá. Visitamos lugares, e pensamos futuros xuntos. Houbo luz e escuridade. Rimos e choramos entre frustracións cun pensamento sempre, quererte libremente en todos as circunstancias.

Acordei hai unhas horas, esnaquizado. Non puiden máis que intentar recordar, e co paso dos minutos, fun esquecendo que soñei contigo. Necesito durmir para pensarte outra ocasión, e se cadra, non querer espertar.
Compartir: