CAST / GAL

Sabedoría de avoa
Paula, 22, Pontevedra

“Isto cóntocho porque xa es maior, eh? Nin unha palabra á túa nai.”

A primeira vez que a miña avoa confioume os trapos sucios da familia descubrín o que era sentirse adulta.

“Descoida. Serei unha tumba.”

Esa tarde descubrín tamén que a miña tía non se casou por amor, que o meu bisavó levara a unha empresa á bancarrota e que un dos meus curmáns afastados estaba condenado baixo cadea perpetua. E cheguei á conclusión de que sentirse adulta é exactamente o mesmo que sentirse pequena, salvo que coa madurez decátaste de que hai cousas que é mellor non saber.
Compartir: