CAST / GAL

Soñar para ser Feliz
Kuka, 28, O saviñao

Unha noite de verán, dando un paseo pola aldea encontreime con unha leira de millo, apeteceume deitarme e pechar un anaco os ollos.
No momento en que os pechei, notei unha liberdade,como cando as bolboretas viaxan de flor en flor.
Esa sensación de que por fin os meus soños se facían realidade. Só existia eu e os meus soños facéndose posibles. Todo o que desexaba estábaseme a cumplir, todo!
De súpeto, escoitei un ruxir entre o millo e tiven que abrir os ollos, e iso era volver a realidade.
A realidade de que para poder ser feliz, hai que soñar!
Compartir: