CAST / GAL

Que?
lara álvarez, 21, Redondela

Esa muller sempre alí sentada.
"Marcho, chegarei tarde" "Vale nena"
Por que non sei nada dela?
"Está xa a comida?" "Nun rato, senta aí"
Canto fai que non falo con ela?
"Logo recollo todo" "Non te preocupes nena"
É normal non coñecela?
"Vou á praia" "Non chegues tarde"
Esa foto é ela de xove? Que guapa...
"Arranxaches o pantalón" "Si, aquí tes"
Estas cousas as pintaría ela?
"Podes deixarme cartos?" "Toma, queda"
Iso é ela... cantando?
"Marcho cunhas ami..." Para. "Que?"
"Avoa"
"Cóntame de ti"
Compartir: