CAST / GAL

Río Té
Carme, 40, Boiro

E seguía polo sendeiro verde, sorrindo, camiño de a pé, respirando, o son do río acompañándome co canto dos paxaros, feliz. Uns ladridos ó lonxe indicaban que ía ter compañía e a maxia da soidade quedaría dentro de min coma un alento, entra e sae, latexa..
Con présa e sen pensalo moito, deixo a mochila na ribeira e vestida métome na auga, qué fresca! Rodeada de sons, teito de polas verdes e nadando síntome libre, sí, ceibe de todo.
Compartir: