CAST / GAL

Luminaria
Mª Josefa Souto, 43, Vilagarcía de Arousa

As noites eran moito máis escuras que na cidade. Non había luces de neón e, polo tanto, a Laura custáballe recoñecer o que vía pola ventá. Non estaba afeita a tanta negrura. Tiña hasta medo.
Enrolada na manta, ficou sentada no sofá durante un tempo. Descubreu entón a inmensidade do ceo cheo de estrelas. Nunca tal vira, pois a claridade que na cidade facía recoñecer as cousas a simple vista, non permitía ver aquelas outras que resplandecían con luz propia.
Pensou, que sería perfecto poder ver as estrelas ó mesmo tempo que a paisaxe... e chegou a lúa chea.
Compartir: