CAST / GAL

Queda
Campeiras, 72, Mugardos

Caía e non podía medir a velocidade, nin sentir a fricción do aire; e non tiña á vista obxecto algún que fose referencia para contrastar o movçemento. Era caer estando quedo. Non era un desprazamento vertical, era só a vertixe, como fundirse en caracol cara adentro. Moita xente ten ese soño, disque. No meu tamén había medo, e roguei dende o máis íntimo que no fondo houbera auga.
Rescatoume o helicóptero Helimer. Perdín a cana, os lentes e os tenis.
Compartir: