CAST / GAL

Películas
Sofía, 25, Sanxenxo, Pontevedra

O ruído foi facéndose máis e máis pequeno, até desaparecer.
Por fin, as voces da miña cabeza calaron.
Había unha princesa lobo; un castelo no ceo; unha meniña peixe nun mundo humano; unha adolescente que quere ser escritora; unha moza que fai chapeus día e noite que debe aceptarse tal como é para atopar a súa propia forza... entre outras moitas.
Cada vez que as poñía, aquelas películas funcionaban como un bálsamo para a miña alma.
E se sabes de que películas falo, entón, querido amigo ou amiga, seguramente no seu día tamén foron o teu descubrimento.
Compartir: