CAST / GAL

Descubrín que as persoas tóxicas son como hedras
M. FIGUEIRA, 46, Rianxo

A fermosa hedra parece inofensiva. Sen darte conta, enmaráñate. Semellas unha árbore sen personalidade, soterrada debaixo desa invasora de espírito. Vaiche restando, manipulando, inhibindo, ata deixar de ser ti.
Tiven unha hedra por riba de min. Inconscientemente, fun absorbendo a súa sabia pensando que era a miña. Deixeime consumir ata que descubrín que era eu o seu soporte. A carón das frondosas plantas, eu achicaba como paxariño sen aire. Afortunadamente, alguén veu a invisibilidade do meu ser. Arrincouna. As raíces secas aínda seguen pegadas ao meu tronco. Xa volvín medrar, pero temo as hedras inocentes que nacen preto de min.
Compartir: