CAST / GAL

O soño dunha nena
Bolboreta, 51, Vilar de Santos

Era ben nena cando xogaba no sequeiro da miña casa a ser mestra. Primeiro eu soa para moi pronto ter público participante que atendía sen rechistar as probas preparadas.
E fun crecendo e a ilusión seguía latente e cada vez máis afincada. Admirando profundamente o bo facer do profesorado transmisor de aprendizaxes e coñecementos entusiastas.
E chegou o día no que afortunadamente vinme estudando aquilo que tanto ansiaba, rozando a intervalos a sensación de plenitude exercendo como inquilina en prácticas.
E hoxe, aquel devezo cumprido e plenamente materializado segue despertando o memo afán e apetencia co que aquela nena soñaba.
Compartir: