CAST / GAL

Un soño debuxado no espello
Mungo Bosco, 45, A Coruña

Finalista

Lavei a cara coas mans e ao enguer a vista puiden ver reflectida no espello a cara dun home que penso coñecín algún día.

No fondo dos seus ollos, nas enrrugas da súa fronte, no seu escaso cabelo, puiden recoñecer as pegadas de soños que pasaron e esvaeceron. Un neno faldeiro que tocaba as cunchas coa súa avoa sentados na area. Un mozo tristeiro que tiraba a caña coa mirada perdida onde o mar remata no ceo. Unha noite de baile e estrelas cun último primeiro bico cos beizos trémulos. Toda unha vida como un soño apenas debuxado no espello.
Compartir: