CAST / GAL

Suíza
Pablo D. Dios, 24, Pontevedra

Soñando vivo e acordando morro. Soño cunha terra verde e húmida. Con marcos de cachotería impasíbeis ante o tempo, coa escuma da mar voando cara ao ceo e con pingas esvarando pola cruz dun canastro. Soño co cheiro da chuvia e o amor. Cun pobo que continúa a respirar, coa eterna luz acesa dunha casa vella. Coa tradición, coa natureza, o son do río ao pasar por entre os pasos e o café da cociña de ferro. Soño preto estando lonxe. Soño coa promesa de voltar. Soño con espertar vivindo e soñar lembrando os tempos nos que soñaba con vivir.
Compartir: