CAST / GAL

SOÑOS NÓMADAS
BIBILIA SEIXAL, 66, VIGO

De picariño os soños bulían coma fungos na outonía. Falaba coa Lúa de outubro esgazando o invisible e gozando dun delirante pero efervescente ambiente nocturno. Era un militante da caridade
e pedíalle en feminino que me curase a polio. Quedaba unha xanela aberta á esperanza e un parto seguro...Na distancia o negro tornaba en azul. Non hai peor soño que ter morriña do que nunca xamais sucedeu.
Compartir: