He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Mer, 26, Vigo

Finalista

Mar bateu con forza no solo. Pechaba un puño nunha onda, abaneábase atrás e adiante e rompía con rabia escumosa. "Onde están todos? Xa deberían estar aquí, mais non vexo os berros nin escoito as cores". De súpeto, sentiu uns pés diminutos que camiñaban incertos cara ela. Viu o riso estridente máis grande que cabía nun corpiño tan miúdo. Mar colleu pulo e brincou ondulada cara o chan, estirouse, estirouse e lambeu cos seus dedos salgados 1, 2, 3, 4, 5 deliciosas dedas como chícharos. Mar agarimou con cóxegas os pés do neno ledo, nese reencontro entre ser e natureza.
Compartir: