CAST / GAL

Que son os soños?
Ani, 21, Lugo

Veu correndo impulsada por esa curiosidade propia dos nenos e preguntoume: "madriña, que son os soños?". Entón, pregunteime: "que son os soños?". Eu teño moitos soños. Penso nos soños agochados no fondo, nos soños rotos, nos soños nosos, e nos doutros. Están os soños nos que xogo, corro ou choro. Eu son todos. Ela aínda permanecía aí, agardando por unha resposta. Dirixinlle a mirada e afirmei: "os nosos soños somos nós". Nese intre pareceulle suficiente e, non sería ata a noite, que volvería preguntar polos mundos oníricos.
Compartir: