CAST / GAL

Unha postal para Uxía
Alexandre, 29, A Coruña

Querida Uxía,

Esta noite aparecéchesteme en soños. Despois de todos estes anos, e a pesar da miña resistencia, aínda consegues infiltrarte no meu pensamento e establecerte como protagonista. Reflexionando sobre isto véuseme á cabeza aquela canción de Silvio que tanto nos gustaba. Confesareiche que, coma el, desexei un mundo capaz de sobrevivirte, capaz de existir cando non o miren os teus ollos alaranxados, de ave rapaz, de criatura da noite.

Son as catro da madrugada dunha das últimas noites de Decembro e nunhas horas mandareiche esta postal. Pregúntome se ti tamén me recordas.
Compartir: