CAST / GAL

Ogallá
Alexander Merod, 33, A Coruña

Ogallá.
Volvo a eses momentos unha e outra vez. Pecho os ollos e estou alí. Os que xa non están aquí están de volta. Esquezo totalmente o aquí, o agora, só pecho os ollos imaxinando volver atrás, revivir outros tempos. Levo moitos anos así, todas as noites, pecho os ollos e volvo. Levo tanto tempo facendo que aquí non me queda moito tempo. Unha destas noites pecharei os ollos imaxinando volver; Farei e nunca os volverei abrir. Por fin, volvemos atoparnos.
Compartir: