He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Tamara, 31, O Porriño

Finalista

E por segunda vez na súa vida, o decorrer da historia volve frear a loita e a ansia de acadar o seu éxito persoal e laboral. De novo, contando agora con 30 anos, a vida detense dun xeito único, inimaxinable. As rúas vilegas resoan a silencio, os paxaros inhundan o ambiente co seu canto e a fonte de auga do final do camiño acompaña rebuldinte. Nunca antes a sentira.
Nestas cábalas se refuxiaba, positivando a realidade, deixando o tempo pasar. Grazas a que, polo menos, aínda ten un paseo posible: ir mercar a comida da semana, cos aforros que quedan.
Compartir: