CAST / GAL

Soñar baixiño
Sonia, 33, Pontevedra

Soñar é imaxinar. Non fai falla estar durmido para soñar. Soñamos con ollos de bela durminte e con ollos de moucho. Ás veces, facémolo de xeito inconsciente; e outras, sen embargo, con premeditación e alevosía.
Soñamos nas catro estacións, a pesar do frío e da calor.
Soñamos cando xa non nos queda esperanza e todo se torna pesadelo. Mais, por riba de todo, soñamos como nos ensinaron que hai que soñar: baixando a cabeza das nubes e cos pés ben chantados na terra, porque disque, hai que medrar e deixar os soños atrás.
Compartir: