CAST / GAL

Sonoro
Franzomel, 18, Oleiros

Sentado nun banco daquel enxebre parque, rodeado por frondosas árbores, embelesábase escoitando o rumor do regato, as voces dos meniños que disfrutaban dun entretido xogo de fútbol, e ó fondo, noutro banco sentado, un músico que acompañaba o cantar melódico dos paxaros con armoniosos acordes dun violonchelo. Todo nunha mezcla fermosa, case máxica. Pero de súpeto, esa fermosura comezou a tornarse nun desastre desacompasado: o violonchelista desafinaba e rompíaselle unha corda, os nenos chillaban descarriados, os gorrións trinaban como espertadores e… os ollos abríronse como pratos e un silencio sepulcral inundou ata o último recuncho: o sordo espertou da pesadilla.
Compartir: