CAST / GAL

Colón
Rebeca, 36, A Coruña

Nunca descubrín nada porque todo existía xa cando eu o coñecía por primeira vez. En orde cronolóxico, e non sei se acertadamente, souben por exemplo que as ras son anfibios, que me violarían se camiñaba soa pola noite, que Colón tampouco descubriu nada, que non chega con ser bo e que non é doado escribir en galego co teclado do móvil porque te corrixe continuamente e acabas escribindo móvil con v.
Compartir: