CAST / GAL

Soños despedazados?
Sara, 16, Lugo

Creo que o peor de desexar algo, é ese preciso instante no que das o teu anhelo por perdido.

Sucede moi rápido.
Podes levar moito tempo sen velo, ignorándoo, aínda téndoo ao teu carón; ano tras ano, e; non obstante, darte conta do irrealizábel do teu desexo nunhas décimas de segundo.

É como unha maza.
Esmágate, golpéate, sen apenas esforzo.
O seu peso cae sobre ti.

O día no que os meus soños se crebaron era calmado, sen trazas de nubes no ceo.
Estaba abstraído, correndo por un prado.

Xamais volvín a ser eu mesmo.
Compartir: