CAST / GAL

Soñando con volver
Xan Rozo, 44, Santiago de Compostela

Despois de case dez anos traballando na emigración, cando aquela mañá acordou no seu apartamento muniqués, o contrato indefinido para traballar en Galicia cunhas condicións laborais e un salario dignos, aínda estaba alí.

Aínda conturbada, alegrouse de que o dinosauro seguise sobre o seu escritorio e comezou a facer unha maleta que a había de levar definitivamente de volta á casa.
Compartir: