CAST / GAL

O Home do saco
Raquel, 60, Sigüeiro

De cativa tíñalle un medo cerval ao Home do saco. Cañotas, que así lle chamaban, era en realidade un mendigo. A boroa que lle daban polas casas vendíalla a quen tivera a ben mercarlle. Eu non cheguei a sabelo ata o de agora, co descubrimento de que os meus lle mercaban o pan aquel medo mudou en tenrura. Entre todos planaban os Anacos e con iso facían fungallas das que comía tamén él. No meu maxín vexo o banquete arredor das fungallas co mesmísimo Mercurio, deus do comercio, degustando de tan saboroso manxar disfrazado de mendigo. Nos pés as ás.
Compartir: