CAST / GAL

Arrolo
Ana, 55, Vigo

Agochado na sombra que facía o magnolio esperábame o monstro da noite anterior. As lámpadas alumeaban todo o xardín agás aquel migallo onde atopou resgardo.
Bufaba e griñía, pero, desta vez, albisquei un tremor nel que me lembrou ao meu medo doutras noites.
En vez de berrar, como facía sempre, comecei a cantarlle o arrolo co que me durmía mamá. Mentres, fun apagando todas as luces ata que no xardín só quedamos él, a penumbra e eu.
Cando o primeiro raio de sol asomou detrás do monte, espertei deitada na herba. Alguén me tapara cunha mantiña suave.
Compartir: