CAST / GAL

A descuberta
Ángeles Madriñán, 50, A Estrada (Pontevedra)

Diante do espello Lara escruta o seu rostro canso. Nin a mellor maquillaxe oculta a pegada do tempo. Percorre cos dedos a cute. A donda curvatura das olleiras escuras. Os beizos apagados. A pel chapicada de pencas do sol inclemente. Engurra o cello inqueda. Alisa os cabelos e libera ese recendo a lavanda do xampú que mercou onte.
De socate ese olor desencadena lembranzas doces. A eira dos avós. Os veráns da infancia. Os baños no río.
A beleza murcha, pero aquelo que vivimos e nos fixo felices permanece. Nesa descuberta albisca que hai outro xeito de verse. Sorrí agradecida.
Compartir: