CAST / GAL

Utopía
Patri, 43, Vigo

Postrada naquela cama de hospital, transcorrían os días solleiros e calorosos que daban por rematado o mes de xullo. As horas pasaban devagar e como tiña tempo dabondo pechou fortemente os ollos e comezou a soñar que aquel compás de espera sería un punto de inflexión para si mesma e para o mundo que a arrodeaba. Un mundo afastado das miserias, intransixencias, egoísmos e guerras. Un mundo altruísta vencellado á empatía, ao diálogo, ao respecto e ao sentimento. De súpeto, un par de golpes na porta devolvérona á súa realidade e saboreou aquela aperta coma se dun soño se tratase.
Compartir: