CAST / GAL

Oportunidad
Tarsila, 50, A Coruña

Finalista

A traballadora social convence a Dorinda da participación no programa "cartas solidarias" de Cáritas. Ela só ten que responder a carta dunha persoa descoñecida. Dorinda esquecera o de Cáritas, cando no buzón atopa unha carta ao seu nome, que non é un recibo. O corpo recibe un flash fulminante que a percorre como un sorbo de vida. Na casa, entusiasmada, pon os lentes. Ana escribe que está encantada de coñecela. Dorinda pensa que Ana, de dazasete anos, podería ser a súa neta de ter fillos. Colle o bolígrafo. Ten moito que lle contar. As letras saen espabiladas.
Compartir: