CAST / GAL

Pra soñar
Antón González Lema, 68, Laxe

Unhas xentes cun fogar,
unha Terra cunha fala,
unha Patria pra soñar.

Moi humilde coa paz e dignamente
coas xeituras na vida de quen soña,
porque din que os soños de por sempre
son verdades que tivemos noutra hora.

PRA SOÑAR
Pra vivir sempre en Galicia
pra falar ca voz diviña,
pra coller do ceo ledicia
soñemos coa Terriña.

Soñar ca luz das estrelas
e as augas azuis do mar,
cas nosas xentes galegas
que fermoso é o soñar.

Soños de vida e ledicia
donde o vivir é soñar,
porque o soñar en Galicia
é para non despertar.
Compartir: