CAST / GAL

A descuberta
Javier, 41, La Coruña

Aquela noite apenas puidemos pegar ollo, aterrados estabamos de que tan grande mar non tivese fin, nunca antes ninguén vira tal, nin lembrábamos cándo Fisterra quedara atrás, por riba á alba descubrimos que o pipote estaba seco, xa só ficaba rezar, entón o Sevilla arrancouse cunha seta que era un berro pánico, un aturuxo, “toleou”, pensamos todos, agás o capitán, que nos ordeou ir máis aló, “non pode ser!”, pero si, era a ribeira, o porto, a terra toda, e alí foron os vivas, as apertas, os saloucos... perante uns nativos que nos ollaban atónitos diante dunhas tabernas chamadas “carwash”.
Compartir: