CAST / GAL

O lunar
Sheila, 36, Carballo

E alí estaban, centos de micropuntos dunha cor marrón, de células formando un círculo perfecto. Apareceron así, por casualidade decorando a beira dos seus beizos. O sol descubriu un camiño á súa pel, mudando o seu aspecto, tornando a súa forma. Un día sembraba un dos puntos da xoaniña, ó seguinte unha vulgar lentella. Obsesioneime con bicalo, lamelo, con xogar ó escondite con él. E, de repente ese círculo perfecto tornouse monstruo, buscando a forma de expandir o seu veleno por todo o teu ser. Ese descubrimento letal, unha conta atrás que te afastaría para sempre de min.
Compartir: