CAST / GAL

A lóxica do caos
Pedro Petouto, 31, Sarria

Só un golpe. A bóla branca sae disparada, rebota, xira, empurra. Cada impacto é unha decisión; cada rebote, unha consecuencia. Esa enerxía inicial, esa pequena chispa, desencadea un universo de posibilidades xa escritas no tecido invisible do destino. Non hai volta atrás. Accións que crean reaccións, inevitables, precisas, coma unha mensaxe xa enviada que non se pode borrar. As bolas bailan cara ao seu destino. E entre todo ese caos ordenado, nun intre que tamén estaba escrito, cruzaches a túa mirada coa miña. E, nese océano de probabilidades, foi fermoso que tocara ese golpe.
Compartir: