CAST / GAL

Vol-can-ela
O tío Bértolo, 68, A Guarda

Foi un agasallo polo meu santo. Un canciño tan revoltoso, explosivo e sen acougo que, trala correspondente treboada de ideas, cadramos chamarlle Volcán.
Logo dun mes acariñándolle a barriga, miña nai, experta canina, reparou que Volcán non era “el” senon “ela”.
Comezou entón unha liorta familiar procurándolle un nome máis feminino ata que falou miña irmá. Sete anos de beleza e sabiduría naquel corpiño miúdo. Púxose de pé na cadeira, sinalounos co seu furaboliños e dixo: Canela, “se el non é can, será can ela”.
Foi así que trocamos aquel des(a)tino e Volcán rebautizouse coma “Canela”.
Compartir: