CAST / GAL

A voz
Raquel, 51, Ferrol

Marchara en xullo coa maleta pequena e o pelo aínda desfeito de neno. Durante un mes, a casa quedou en silencio, sen as súas carreiras polo corredor.
Cando baixou do autobús de volta, traía a mesma camiseta do primeiro día, pero agora quedáballe curta nos ombreiros. Corrín a abrazalo. Ao soltarme, dixo «hola». A voz saíulle grave, áspera. Case non a recoñecín. Parei en seco. Estirei a man para tocarlle o ombreiro e, por primeira vez, tiven que levantar a cabeza para miralo aos ollos.
Compartir: