CAST / GAL

A cunca de Ananké
Tamara, 26, A Coruña

Na biblioteca esquecida do instituto, Helena atopou unha cunca vella, rota e reconstruída con ouro. Bebeu sen pensar. E soñou.
Unha muller cuberta de veos, Ananké, a Necesidade, mostroulle unha espiral de espellos: en cada un, unha vida que puido ser.
Ao espertar, cada decisión doía, coma se fose unha fenda.
E entendeu que o destino é como a cerámica rota. Vai rachando co tempo, e o que fas por reparala… é o que te constrúe.
Dende entón, cada día escolle que parte soldar. Mesmo sabendo que a dor e o ouro sempre van da man.
Compartir: