As estrelas
Eladio, 56, Lugo
Xa nunha das súas últimas noites, consciente do final que se achegaba, cando o hospital quedou en silencio, a paciente, axudada polo seu fillo, achegouse a contemplar as estrelas e borboriñou:
-Que haberá aló? Que será o que haberá aló?
O fillo trouxolle un coxín e mal disimulou as bágoas que loitaban por non saír. Sabía que a nai, lonxe de Platón, Aristóteles e todos eses sabios, acababa de resumir o drama da existencia humana. Ninguén sabe o que hai aló...
Despois, nai e fillo concordaron en que a noite e as estrelas pagaban a pena.