O paradoxo do cambio
Ro Romero, 35, A Coruña
Os cambios representan TODO.
Mais tamén é imprescindible que algo do pasado permaneza intacto. Por moi pequeno que sexa. Para non esquecer que somos, como chegamos aquí. Hai realmente cambio sen confrontamento do novo fronte ao vello?
Comparar é duro. Quizais por iso me custa tantísimo adaptarme aos cambios e non deixo de perseguilos.
Agótanme, pero, cando consigo integralos, a sensación de plenitude é insuperable. E quero máis. E empezo a argallar o seguinte cambio, para volvela sentir.
Preciso dos cambios máis que de nada, pero precisamente cando deixan de selo, cando desaparecen. Preciso o que deixa de existir.