A lavandeira
Mari, 66, Vigo
María era viuva, lavaba no pilón e lembraba momentos da sua vida, uns con ledicia, outros con pesar, emocionouse recordando o seu Manuel, que non voltou do mar, ela creía que eran cousas do destino, que xa todo estaba escrito e marcado sin xeito de mudalo . O sino fai o camiño -pensaba convencida- unhas veces ten frores outras toxos e de cando en vez, tropezos. Marchouse cantando unha vella cantiga mariñeira, esperanzada pola milloria do seu fillo, un cativo de 10 anos, él era o alento da sua vida e dáballe sentido, facendo muito mais fermoso o seu destino.