CAST / GAL

Talla 56
Niniweis, 56, Ames

- Talla?

- Cincuenta e seis.

A dependenta miroume coma se lle confesase unha enfermidade.

- Aquí non temos para ti.

Para ti.

O mundo tampouco parecía ter demasiado: vestidos, escaparates, traballos, desexo. Aos homes chamábanlles interesantes cando envellecían. Nós aprendiamos a tapar as canas, as engurras, a barriga, os anos.

A pedir perdón por ocupar demasiado.

Mirei aquel manequín sen idade, sen graxa, sen historia.

Despois mireime eu.

Cincuenta e seis anos intentando encoller para caber na talla que outros decidiran para unha muller.

Entrei de novo.

-Sabe que? Quede co vestido.

Eu xa non penso facerme máis pequena.
Compartir: