CAST / GAL

Cando o tempo se para
Dánae Mariño, 29, Chantada

Pechei os ollos con forza, como se de pedir un desexo ao vento se tratara. A néboa fría do amencer a miña pel acariciaba, e tan só por un intre todo se puxo en calma. Só estabamos o mundo máis eu, e na miña mente nin os reloxos funcionaban. Ao abrir os ollos, unha persoa atopaba. Alí estaba, esa mirada marrón que tantas veces en soños buscaba. Con tan só iso, unha mirada, sabía que o destino con isto me agasallaba. E así foi como algo que xa estaba escrito, comezaba.
Compartir: