Sepia
Rocío Valverde, 47, Tomiño
Namentres a choiva repenicaba nos vidros da xanela, os meus ollos foron bater co vello álbum adormecido. Abrino. Miña nai, cabelo longo, sorría apoiada nun seiscentos do trinque. Ao carón, bronceado e sen rugas, meu pai mostraba orgulloso a súa pesca. Seguín folleando. Nenas que xa son nais. Tíos que non cheguei a coñecer. Un bebé en cueiros. Ledicias conxeladas. Migallas de vida que o tempo foi trocando.
Erguinme para coller unha cunca. Os meus ollos toparon agora co reflexo dun rostro húmido na fiestra. Cabelo branco e un sorriso en sepia. O bebé da foto. Co transcurso do tempo.
Erguinme para coller unha cunca. Os meus ollos toparon agora co reflexo dun rostro húmido na fiestra. Cabelo branco e un sorriso en sepia. O bebé da foto. Co transcurso do tempo.