CAST / GAL

Calma tensa
Pablo Piña, 30, A Guarda

Era un día caloroso, o terreo estaba quente, alguén colle a súa armadura que era o seu mono e o viste, colle as súas luvas e as viste, tamén as súas botas, despois colle o seu casco e mírase no espello e sae do seu aposento.
Mentres camiña mira os seus rivais, sabe que a batalla será dura pero iso estimula as ganas de vencelos, móntase na súa montura, esperan pouco mentres repasa o que ten que facer. Catro, tres, dous, un. A batalla está servida.
Compartir: