CAST / GAL

A despedida
Sara Outeiral Cameán, 33, Brión

No Estado español hai máis mascotas ca nenos e nenas: 9,3 millóns de cans e gatos fronte a 6,6 millóns de crianzas menores de 14 anos.

Unha mascota non é só un animal. É familia, apoio, amor incondicional. Cando marchan, doe coma se partise alguén da casa.

O falecemento de Ron e Lenin foi máis duro ca moitas perdas de sangue.

Xa non hai paseos, rutinas, confesións. Só eran mascotas, non?

Non. Eles escolléronme e eu escollinos. Agardo ter estado á altura.

Bótovos de menos. Sempre. É o adeus a parte da familia.
Compartir: