CAST / GAL

A Nova panxoliña de Nova York
Galia, 43, A Coruña

Con vinte anos viaxei a Nova York para traballar e aprender inglés. Deixei a terra, a familia e os amigos atrás. Un cambio de vida con moitas ganas, pero tamén con moito medo. Despois de oito meses aló, viaxei de volta a Galicia polo Nadal, con morriña dos meus... e da comida da miña nai. E cando me preguntaron que fora o pior de estar alí neses meses, simplemente lles dixen: "Os cambios de liña do metro...".

Hoxe en día temos unha panxoliña con esta frase:
[...xa chega o amor, dependendo da estación...]

Con música e todo!
Compartir: