A Forxa
Manuel Cuervo, 54, Vilagarcía de Arousa
Benvidos á televisión do futuro! A Forxa, este novo concurso patrocinado por Gadis, converterase nun fito na historia do medio. Trátase dun novo Reality que vai manterse en emisión durante décadas. Os concursantes vanse converter en forxadores do seu Destino. Semanalmente, seguiremos o seu progreso. No primeiro programa nos mostrarán de onde parten e farán unha proposta de que queren acadar en dez anos. Canto máis ambiciosa sexa a aposta, maior será o premio. Cando fallen un obxectivo perderán a cuarta parte, con dous a metade e tres significaría voltar á súa vida sen nada. Descalificaranse as apostas máis conservadoras.