Un destino incerto
Natalia, 16, A Laracha
Vago sen rumbo, atraída por un eco cuxa orixe descoñezo. As pedras cóntanme historias de futuros incertos que desaparecen coas miñas pisadas. Din que o destino está escrito na pedra, pero tamén o vin na area, no vento, e en cada latexo do corazón. Un pequeno cambio, unha palabra dita ou non dita, e todo cambia de dirección coma o fume co vento. Ao final, comprendín que non é o destino quen me guía, senón eu quen decido que camiño tomar. Foi entón cando o comprendín todo: o misterio non está no camiño, senón en quen se atreve a percorrelo.