CAST / GAL

Destino con selo
Raquel, 50, Arteixo

Xosé soñaba con ser poeta.
Unha mañá recibiu unha carta da Consellería: “Aprobou. Incorporación inmediata”.
Nunca opositara.
Foi reclamar. A funcionaria, sen erguer os ollos, murmurou: “O destino non admite alegacións”.
E así entrou no despacho.
Agora ten cafeteira e cadeira xiratoria. Nos caixóns garda folios en branco. As carpetas amorean títulos poéticos: Informe de horas perdidas, Memoria das chamadas esquecidas, Expediente de firma invisible...
Non era o traballo que quería, pero, ó fin e ó cabo, tampouco está mal.
Compartir: